Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Con Fado com outro acento María do Ceo presenta o seu disco máis portugués
Xénero:
| 8 / 3 / 2012Cunha longa traxectoria artística ás súas costas a cantante ourensá de orixe portuguesa María do Ceo presenta hoxe o seu novo disco Fado com outro acento (Zouma, 2012) gravado en Lisboa. Un disco totalmente de Fado, cantado en portugués, no que a artista mergúllase nas súas raíces a través de trece fados a maioría deles tradicionais e dous deles compostos para o disco polo seu compositor habitual, Armando González: A menina das calças pardas e Cántame un fado minhoto. Un disco no que María canta a Luis de Camoes, Amalia Rodrigues, Vasco Macedo, Arlindo de Carvalho, Armando Gonzalvez ou Alberto Janes entre outros. Destacan interpretacións como a da canción María la portuguesa, coñecido tema de Carlos Cano, cantado nunha versión en portugués. Participaron na gravación, José Manuel Neto na guitarra portuguesa, Miguel Gonçalves coa guitarra clásica e Daniél Pinto no Baixo. O Nome do disco ven dado pola peculiaridade do acento da cantante na súa condición raiana entre o luso e o galego, condición reivindicada no tema Cántame un fado minhoto.
Trece finalistas compiten polos Premios Opinión de música folk
Xénero:
| 17 / 2 / 2012As tres categorías dos Premios Opinión de música folk, mellor tema, mellores artistas e mellor disco, contan este ano con trece aspirantes. Os galardóns inauguran nesta XI Edición unha nova fórmula, pola que os gañadores só se coñeceran no transcurso da gala de entrega que se celebrará o vindeiro mes de maio. Malia a que estaba previsto que houbese catro finalistas por categoría, un empate nas votacións deu en que finalmente haxa cinco candidatos a mellor tema.
Aprender e cantar
Xénero:
| 7 / 2 / 2012Nos últimos anos están a se multiplicar as obras de carácter didáctico que se achegan á nosa música tradicional. Dentro desta liña, acaba de saír do prelo Para cantar veño eu. Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos. Como peculiariades, presenta a aposta por seguir o itinerario dunha asociación como fío condutos e atender a partes pouco difundidas da nosa tradición.
Cos ollos nos cantares de cego
Xénero:
| 6 / 2 / 2012Non hai tantos anos a figura do cego a cantar os seus romances e historias de crimes e sucedidos era imprescindible en canta romaría houbese no noso país. Coa mudanza de costumes, perdeuse este oficio, e o singular repertorio vencellado a el quedou restrinxido á memoria popular e a uns poucos proxectos de investigación. Agora, varias iniciativas reivindican e actualizan este legado, ao tempo que a rede achega posibilidades inéditas de se achegar a el.
Falece Xosé Manuel Seivane
Xénero:
| 27 / 1 / 2012Un dos gaiteiros e fabricantes de instrumentos máis destacados de Galicia, Xosé Manuel Seivane, falecía esta mañá aos 90 anos de idade. Seivane foi o iniciador dunha saga de músicos e artesáns que se transformou en toda unha marca de calidade no mundo da gaita, e que ten continuidade no traballo dos seus fillos Álvaro e Xosé Manuel e mais no da súa neta, Susana Seivane. Co seu traballo Seivane contribuiu decisivamente á música galega traballando na unificación das palletas e na afinación da gaita.
O programa Danza 3 achegará música e baile tradicionais a nove vilas
Xénero:
| 25 / 1 / 2012Como veñen facendo desde hai preto de dez anos, a asociacions Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina, botan a andar unha nova edición do programa Danza 3. Co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais e mais do Xacobeo, estes colectivos levarán cadanseu espectáculo de canto e danza tradicionais a nove vilas próximas aos camiños de Santiago.
A Central Folque crea un repositorio de obras sobre música tardicional
Xénero:
| 18 / 1 / 2012A La Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba, de Ramom Pinheiro e mais A Sanfona de Brocos, de José Luís do Pico son os dous primeiros títulos de Folque Commons. Este proxecto nace como un repositorio para investigacións encol da música tradicional da man de A Central Folque. Todos os traballos estarán dispoñibles para a libre descarga con licenza Copyleft, e está previsto no futuro facilitar servizos de edición á carta en papel dos contidos.
Chega o debut discográfico do cuarteto O Chupacabras
Xénero:
| 17 / 1 / 2012Hai xa dous anos que o cuarteto O Chupacabras gravaba, no teatro Pastor Díaz de Lugo os temas do que sería o seu primeiro disco. Agora, finalmente ve a luz Tradiphonias unha selección de dez temas gravados en falso directo na que a formación experimenta achegando os instrumentos tradicionais a ritmos pouco convencionais e versionando de xeito persoal temas clásicos da nosa música. Totalmente autoproducido, o traballo está xa dispoñible nas tendas.
SÓS de Mercedes Peón está entre os mellores discos de raíz de 2011
Xénero:
| 4 / 1 / 2012Críticos de música de 23 países de todo o continente europeo seleccionaron o disco SÓS de Mercedes Peón como o quinto mellor de 2011. Así figura o traballo da galega na prestixiosa lista World Music Charts Europe, que xa recoñecera esta obra outorgándolle o seu primeiro posto durante dous meses consecutivos deste ano. Na mesma listaxe, Meu canto de Uxía ocupa o posto número 40. No comezo deste ano, Galicia renova a súa representación nesta escolma internacional coa entrada de Doa e a súa A fronda dos cervos no número vinte deste mes de xaneiro.
A Real Banda de Gaitas celebra 25 anos cun CD e DVD
Xénero:
| 28 / 12 / 2011A celebrar 25 anos da súa existencia, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense acaba de publicar Éxitos no mundo, un CD e DVD no que recolle unha selección de 30 temas. No mesmo pódense escoitar versións de melodías populares dos países que a formación visitou ao longo deste tempo, con cancións chinesas como Mo Li Hua, a exipcia Abd Al WahhÂ, Cantares de España, God Bless America ou a tonada australiana Waltzing Mathilda entre moitas outras. Canda a isto, a obra recolle melodías galegas e no DVD poden verse diferentes actuacións da formación desde os seus comezos. A obra está editada por Inquedanzas Sonoras e sae á venda por 16.95 euros.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos