Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Con Fado com outro acento María do Ceo presenta o seu disco máis portugués

A CANTANTE REIVINDICA O SEU ACENTO RAIANO NA INTERPRETACIóN DE FADOS CLáSICOS

Con Fado com outro acento María do Ceo presenta o seu disco máis portugués

FOLK | marzo 8, 2012

not_20554.jpg

Cunha longa traxectoria artística ás súas costas a cantante ourensá de orixe portuguesa María do Ceo presenta hoxe o seu novo disco Fado com outro acento (Zouma, 2012) gravado en Lisboa. Un disco totalmente de Fado, cantado en portugués, no que a artista mergúllase nas súas raíces a través de trece fados a maioría deles tradicionais e dous deles compostos para o disco polo seu compositor habitual, Armando González: A menina das calças pardas e Cántame un fado minhoto. Un disco no que María canta a Luis de Camoes, Amalia Rodrigues, Vasco Macedo, Arlindo de Carvalho, Armando Gonzalvez ou Alberto Janes entre outros. Destacan interpretacións como a da canción María la portuguesa, coñecido tema de Carlos Cano, cantado nunha versión en portugués. Participaron na gravación, José Manuel Neto na guitarra portuguesa, Miguel Gonçalves coa guitarra clásica e Daniél Pinto no Baixo. O Nome do disco ven dado pola peculiaridade do acento da cantante na súa condición raiana entre o luso e o galego, condición reivindicada no tema Cántame un fado minhoto.

MULTIMEDIA
A Menina das calças pardas - María do Ceo
MULTIMEDIA
Cantame um fado Minhoto - María do Ceo
datos do disco