Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A busca dunha tradición actual

PANCHO ÁLVAREZ áBRESE á EXPERIMENTACIóN CON SONCHE ATLáNTICO

A busca dunha tradición actual

FOLK | abril 12, 2012

imaxe non dispoñible

Letras de Suso de Toro e de Antón Reixa. Toques africanos e brasileiros. Achegamentos ao rap, ao blues ou mesmo á electrónica. Sonche Atlántico supón a aposta máis experimental de Pancho Álvarez. O músico pasea polos ritmos das beiras do Atlántico ao longo de 12 temas nos que busca, segundo el, “reinterpretar a música da nosa tradición nos nosos días”. O álbum, editado por Fol, está dispoñible xa nas tendas e pódese ouvir e adquirir en diferentes plataformas dixitais, como Spotify.

Álvarez apunta que nas súas tentativas por mesturar ritmos desde unha base tradicional “empreguei guitarras e mandolinas a facer o ritmo de tambores ou pandeiretas, os baixos a xeito de bombos tradicionais e na voz recollín influencias do xeito de cantar de Florencio, o Cego dos Vilares”. No entanto, o músico recoñece “estando acostumado como estaba a cantar romances tradicionais, tiven que buscar novas expresións coa voz, xogar con outras liñas melódicas”. Canda a mestura con ritmos foráneos, o disco mantén temas máis tradicionais, como son as Alboradas do Porriño e de Ourense, a Cantiga da Segada de Miranda (en mirandés) ou mesmo unha danza de espadas na que non faltan ecos de blues. Os irmáns Félix e Castor Castro co acordeón e a frauta, Xurxo Núñez na percusión e Álvaro Iglesias na guitarra acompañaron a Álvarez nesta aventura que gravou e produciu integramente na súa casa.

MULTIMEDIA
Pancho Álvarez A borna
AUDIO
Sonche Atlántico
Letra: Suso de Toro. Música: Pancho Álvarez
AUDIO
Galicia Malicia
Letra: Antón Reixa. Música: Pancho Álvarez
AUDIO
Pancho Álvarez ao vivo presentando Sonche Atlántico
Actuación en directo no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega o 11 de abril de 2012
datos do disco