Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Quodlibet lanza A cor do son
Xénero:
| 9 / 4 / 2013Un concerto no Teatro Principal de Pontevedra presentaba o pasado 15 de marzo o segundo álbum do dúo Quodlibet. A seguir a traxectoria iniciada co seu primeiro disco, A cor do son o grupo explora a conexión entre gaita e piano a partir de pezas tradicionais. Así, a Rumba de Estribela, a Danza de espadas de Cantoarea ou Eu de Marín ausenteime atopan novos aires na fusión destes instrumentos. As vindeiras citas para presentar o volume ao vivo son Valga, o vindeiro 21 de abril, e o Casino de Pontevedra, o 28.
Volta a se convocar o concurso de gaita Constantino Bellón
Xénero:
| 2 / 4 / 2013Logo dun ano en branco pola falta de apoios, o Ateneo Ferrolán volta a convocar neste 2013 o Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega Constantino Bellón. O encontro, considerado un dos máis importantes do país dedicado a este instrumento, chega así ás súa XXI edición, cun premio principal de 3.000 euros e dous accésits de mil. De xeito paralelo, a Central Folque convoca o IX Encontro Internacional de Zanfona, que se celebrará entre os vindeiros días 18 e 21 en Rianxo e que contará coa presenza de intérpretes coma Matthias Loibner. A inscrición para ambas as dúas actividades está aberta.
Inquedanzas Sonoras recupera a voz de Manuela Cortizo
Xénero:
| 25 / 3 / 2013Con 82 anos de idade, Manuela Cortizo Medal acumula unha intensa experiencia como cantareira. Agora, da man de Inquedanzas Sonoras, ve a luz Cantareira de Barro de Arén, un libro-CD-DVD que recolle un estudo sobre a súa figura da man de Xosé Lois Foxo. Cantos de ronda, xotas, muiñeiras, mazurcas, cantos de oficios e romances danse cita nun disco que amosa preto de oitenta pezas interpretadas por Cortizo unicamente coa súa voz e a pandeireta. Sobre a mesma cantareira xa publicara Calros Solla unha compilación de máis de mil coplas co título de Cantares de Manuela de Barro
Radio Cos achega novos sons para a pandeireta
Xénero:
| 22 / 3 / 2013Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas, son a base de Radio Cos, un proxecto que leva case unha década a percorrer os escenarios do país. pandeiretas con voces masculinas, arropadas por Pedro Lamas á gaita e ao saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón dan unha sonoridade diferente ás melodías tradicionais. Toques balcánicos, son festivos e cantigas coñecidas danse cita neste proxecto, que verá a luz o vindeiro 16 de abril da man de Fol Música.
Chegan As Alegrías de Linho do Cuco
Xénero:
| 15 / 3 / 2013A seguir co achegamento ao son das bandas de música que xa iniciaran no seu anterior traballo, os lalinenses Linho do Cuco presentan As Alegrías, o seu terceiro CD. Nove temas, que se acabaron de gravar o día seis deste mesmo mes, no que a banda mestura melodías tradicionais con composicións e arranxos propios cos que ofertan "unha proposta de música POPular actual para as sesións vermouts e as verbenas". O disco, gravado nos estudios Savic Sound, de Ponte Caldelas e que ve a luz da man da Central Folque.
Que non falten ideas para a gaita
Xénero:
| 7 / 3 / 2013¿Acabóuseche o repertorio de pezas no medio da festa? Non te preocupar. O web Folkoteka galega achega á rede un amplo catálogo de partituras tradicionais. Este proxecto colaborativo permite descargar as pezas en PDF ou en formato MusicXml, pensado para traballar con elas mediante programas informáticos específicos. Os interesados poden acceder a danzas, alalás, foliadas, mazurcas ou pasodobles, e realizar ao tempo as súas propias achegas. Non saber máis pezas xa non é excusa para parar.
Birimbao presenta Nena do mare
Xénero:
| 6 / 3 / 2013Catro anos despois da súa primeira gravación, os coruñeses Birimbao acaban de presentar Nena do mare. O disco presenta oito temas nos que se mesturan as melodías tradicionais con temas de composición propia, apostando por un son no que se deixan sentir as influencias do fok celta. A voz de Mabell Castro acompaña seis dos temas do disco, que están dispoñibles baixo licenza Creative Commons. O traballo, autoeditado, gravouse nos estudios Paz & Records. Birimbao está formado por Pepe Mato, Chema Lorenzo, Manolo Gesto, Manuel Caridad, Mabell Castro e Alberto Camba.
Coñécense os finalistas aos XII Premios Opinión
Xénero:
| 22 / 2 / 2013Os XII Premios Opinión de música folk amosan unha grande concentración das súas candidaturas nuns poucos artistas. Así, Rodigo Romaní opta a premios nas tres categorías, Mellor Premio Orixinal, Mellor Artista e Mellor disco, o que dá fe da aceptación que o seu último disco, Arpas de Breogán está a ter entre os críticos. Detrás del, están con dúas candidaturas cada un, a Mellor Artista e Mellor Canción, Pancho Álvarez e mais Óscar Fernánez, dos Cempés. Pola súa banda, Alonso Caxade, tamén candidato a mellor artista, tamén recunca na categoría Mellor Disco dentro do grupo Peldenoz, con Jazz&Trad.
Os músicos tradicionais homenaxean a Rosalía
Xénero:
| 13 / 2 / 2013A Asociación de Gaiteiros Galegos convoca aos músicos do país a participar nunha Alborada para Rosalía. A idea é que cada grupo ou persoa participante se grave interpretando unha peza da súa elección en honra da poeta. Todas as compiladas publicaranse en Youtube na mañá do día 24 de febreiro, a coincidir co 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. A iniciativa fai parte das propostas que desenvole a Real Academia, a Fundación Rosalía e mais a Universidade de Vigo en honra da poeta.
Milesios presenta 'Alén Mar'
Xénero:
| 11 / 2 / 2013O grupo folk Milesios editou o seu primeiro disco, Alén mar. O disco recolle pezas de raíz tradicional combinadas con outras creadas directamente polo grupo. Dúas delas incluirán por primeira vez voz: unha versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana interpretada por Pilocha Martínez e unha peza tradicional de Carolina Vázquez Castro. A presentación oficial do disco terá lugar en Lugo o próximo día 22 de febreiro ás 20:00 no auditorio de Novacaixagalicia na Praza de Santa María.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos