Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Pablo Barreiro gaña o Premio Opinión Andaina Senlleira
Xénero:
| 1 / 2 / 2013A VI Edición do Premio Opinión Andaina Senlleira foi para un técnico de son. A carreira de Pablo Barreiro neste campo, e a súa contribución á gravación de multitude de músicos do noso país valeulle este recoñecemento, outorgado anualmente polo xornal La Opinión. O xurado desta xeira estivo formado por Xoán Manuel Estévez, Xosé Manuel Budiño e Sonia Lebedynski.
Carlos Núñez inicia unha xira de seis concertos polo Reino Unido
Xénero:
| 28 / 1 / 2013Comeza an Chipping Norton (29 de xaneiro) e remata en Basingtoke(6 de febreiro). Polo medio, Londres, Manchester ou Birmingham. O gaiteiro Carlos Núñez e o músico Philip Pickett, xunto co conxunto Musicians of the Globe ofrecerán o espectáculo Two Pipers Piping. Un proxecto no que unen folk e música antiga, unha concesión a unha fusión de sons que tiveron moito éxito no Londres do século XVII.
Os Melidaos lanzan Axudádeme a cantar
Xénero:
| 24 / 1 / 2013Logo de máis de dez anos de carreira, o grupo Os Melidaos acaban de presentar o seu segundo disco. Axudádeme a cantar incorpora voces á formación de gaitas, percusión, clarinete e acordeón, e achega catorce temas tradicionais e de composición propia, como Pasodobre de Marcelino ou Pasando pola vila de Arzúa, sempre cun marcado respeto ao legado musical galego. O álbum foi gravado nos estudios Abrigueiro, en Friol, e logo de se presentar en Melide, o vindeiro sábado 26 a partir das 20:30 horas poderá escoitarse na sede do Coro Toxos e Froles de Ferrol. O concerto é de balde.
Os Minhotos presentan Pinga D'auga
Xénero:
| 18 / 1 / 2013O pub Clavicémbalo de Lugo acolle esta noite, a partir das 23:30 horas a festa-concerto coa que o quinteto Os Minhotos dá a coñecer o seu disco Pinga D'auga. Doce temas que mesturan composicións propias e temas tradicionais, mesturando gaitas e a percusión tradicionais conzanfona, acordeón, requinta e clarinete. No concerto e hoxe, o grupo estará acompañado por algún dos colaboradores que participaron na gravación do disco.
Pedraquetiña presenta Cantares
Xénero:
| 2 / 1 / 2013Tres xeracións de cantareiras de Toutón (Mondariz) danse cita en Pedraquetiña, un proxecto musical que pretende recuperar os sons dos seráns. Logo de varios anos de traballo, agora tiran á luz Cantares, un disco gravado no estudio Casa de Tolos no que o grupo amosa o seu bo facer con 14 temas que mesturan as melodías e letras tradicionais con composicións propias. En total son dez cantareiras, dúas gaitas, tambor, bombo e acordeón que dan un son centrado na percusión (pandeiretas, cunchas e tarrañolas). O álbum sae á luz da man de Treixadura Gaiteiros Música.
Falece Raúl Piñeiro, produtor e divulgador do folk
Xénero:
| 2 / 1 / 2013A morte sorprendía a Raúl Piñeiro o pasado 27 novembro na súa casa familiar de Alongos, en Toén. Produtor, manager e divulgador da música folk, Piñeiro desenvolveu un importante labor na difusión internacional dos sons de raíz galega, sendo un dos responsables da recuperación do Festival de Ortigueira, que chegou a dirixir, ou do desenvolvemento do de Moaña. Ademais, coordinou os congresos o Mundo da Gaita e deu a coñecer no noso país moitos dos músicos do folk irlandés e de Bretaña, onde tiña abondosos contactos.
O Celtic Connections contará con Berrogüetto, Carlos Núñez e Uxía
Xénero:
| 28 / 12 / 2012Carlos Núñez abrirá, o vindeiro día 19 a participación galega no coñecido Festival Celtic Connections, que se celebra en Glasgow. O gaiteiro actuará coa Royal Scottish National Orchestra e recuncará o 23 de febreiro en compañías de Philip Pickett and Musicians of the Globe Two Pipers Piping. Berrogüeto actuará o vindeiro 26 de xaneiro coa Michael McGoldrick Band. Pola súa banda Uxía compartirá escenario con Cruinn o día 1 de febreiro e con The Poozies o día 3.
Berrogüetto inicia na Coruña a súa Xira de andar por casa
Xénero:
| 19 / 12 / 2012Unha Xira de andar por casa é a proposta de Berrogüetto para estas festas. Os sete membros do grupo "poñen batín e zapatillas" para unha serie de sete concertos que serán, por vez primeira na carreira do grupo, integramente acústicos. Ademais do seu repertorio propio, interpretarán cantos de Nadal nun proxecto que pretende buscar o achegamento co público. As entradas, xa á venda, cubrirán todos os custes da xira. O Teatro Colón da Coruña abre o día 22 a iniciativa, que seguirá por Lugo o 23, Santiago o 27, Ourense o 3 de xaneiro, Vigo o 4 e Narón o 12.
Cantigas de mulleres achega unha escolma de voces femininas
Xénero:
| 13 / 12 / 2012Guadi Galego, Marful, Sés, Rosa Cedrón e Cristina Pato, Doa, María Manuela, Mónica de Nut ou Malvela son algunhas das voces femininas que se atopan en Cantigas de mulleres. Uxía Senlle coordinou este proxecto que lanza Fol Música e que compila 17 temas cantados, e nalgúns casos compostos por músicas galegas. Con este disco reivindícase a importancia do papel da muller no noso panorama sonoro. "Somos moitas as mulleres na composición, non só as intérpretes. Non somos só voces transmisoras do que outros escriben....cada vez somos máis as mulleres autoras: creadoras de textos e melodías que nos expresan e reivindican; voces que atronan contra o silenciamento e entoan cántigas tecidas coas nosas emoción", sinala Uxía na presentación do proxecto.
Fernando Barroso e Luís Peixoto lanzan Pop
Xénero:
| 12 / 12 / 2012Non contentos co seu traballo no seo de Assembly Point, e da participación en bandas como Os Cempés, Anxo Lorenzo Band ou Riobó, Fernando Peixoto e Luís Barroso debutan como dúo no campo da música de raíz. Pop, o seu flamante disco, achega 15 temas, na practica totalidade de composición propia, que amosan as mestría coas cordas dos dous músicos. Guitarras, bouzouki, mandola, guitarra portuguesa, viola braguesa, cavaquinho, mandolina ou banjo mestúranse na música deste traballo, que se gravou no estudio A Ponte.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos