Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os músicos tradicionais homenaxean a Rosalía

CHAMAN A PARTICIPAR NUNHA ALBORADA COLECTIVA NO 150 ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS

Os músicos tradicionais homenaxean a Rosalía

FOLK | febreiro 13, 2013

imaxe non dispoñible

A Asociación de Gaiteiros Galegos convoca aos músicos do país a participar nunha Alborada para Rosalía. A idea é que cada grupo ou persoa participante se grave interpretando unha peza da súa elección en honra da poeta. Todas as compiladas publicaranse en Youtube na mañá do día 24 de febreiro, a coincidir co 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. A iniciativa fai parte das propostas que desenvole a Real Academia, a Fundación Rosalía e mais a Universidade de Vigo en honra da poeta.