Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Chegan As Alegrías de Linho do Cuco

O GRUPO PRESENTARá O SEU TERCEIRO DISCO CUN CONCERTO NA ESTRADA O 23 DE MARZO

Chegan As Alegrías de Linho do Cuco

FOLK | marzo 15, 2013

imaxe non dispoñible

A seguir co achegamento ao son das bandas de música que xa iniciaran no seu anterior traballo, os lalinenses Linho do Cuco presentan As Alegrías, o seu terceiro CD. Nove temas, que se acabaron de gravar o día seis deste mesmo mes, no que a banda mestura melodías tradicionais con composicións e arranxos propios cos que ofertan "unha proposta de música POPular actual para as sesións vermouts e as verbenas". O disco, gravado nos estudios Savic Sound, de Ponte Caldelas e que ve a luz da man da Central Folque.

O Auditorio da Estrada acolle o vindeiro 23 de marzo o concerto de presentación deste proxecto, un recital que dará comezo á Xira das Alegrías, coas que o grupo percorrerá o país ao longo dos vindeiros meses.

MULTIMEDIA
Winner Horse. As Alegrías. Linho do cuco, 2013
MULTIMEDIA
Rumba del Topo As Alegrías. Linho do cuco, 2013
datos do disco