Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Coñécense os finalistas aos XII Premios Opinión

DESTACA RODRIGO ROMANí CON 3 CANDIDATURAS E PANCHO ÁLVAREZ E ÓSCAR FERNáNDEZ CON DúAS

Coñécense os finalistas aos XII Premios Opinión

FOLK | febreiro 22, 2013

imaxe non dispoñible

Os XII Premios Opinión de música folk amosan unha grande concentración das súas candidaturas nuns poucos artistas. Así, Rodigo Romaní opta a premios nas tres categorías, Mellor Premio Orixinal, Mellor Artista e Mellor disco, o que dá fe da aceptación que o seu último disco, Arpas de Breogán está a ter entre os críticos. Detrás del, están con dúas candidaturas cada un, a Mellor Artista e Mellor Canción, Pancho Álvarez e mais Óscar Fernánez, dos Cempés. Pola súa banda, Alonso Caxade, tamén candidato a mellor artista, tamén recunca na categoría Mellor Disco dentro do grupo Peldenoz, con Jazz&Trad.

Completa a listaxe de finalistas ao mellor tema Meu nome por mar e terra, de aCadaCanto. No Mellor Disco compiten tamén Pop de Barroso e Peixoto e mais o Mar Maior de Luar na Lubre. O xurado dos galardóns destacou que nesta xeira valoraron un 30% máis traballos do que no último ano.