Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Milesios presenta 'Alén Mar'

O DISCO COMBINA PEZAS TRADICIONAIS CON OUTRAS COMPOSTAS POLO GRUPO

Milesios presenta 'Alén Mar'

FOLK | febreiro 11, 2013

not_22206.jpg

O grupo folk Milesios editou o seu primeiro disco, Alén mar. O disco recolle pezas de raíz tradicional combinadas con outras creadas directamente polo grupo. Dúas delas incluirán por primeira vez voz: unha versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana interpretada por Pilocha Martínez e unha peza tradicional de Carolina Vázquez Castro. A presentación oficial do disco terá lugar en Lugo o próximo día 22 de febreiro ás 20:00 no auditorio de Novacaixagalicia na Praza de Santa María.

Escoita o tema "Alén mar":

datos do disco
Ligazóns