Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Sofía Espiñeira gaña o II Certame de Canción de Autor en Galego
Xénero:
| 28 / 4 / 2015A cantautora Sofía Espiñeira impúxose a outros sete finalistas na gala da segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego Concello de Teo. A compostelá tamén recibiu o premio do público á mellor artista mentras que Pilar Martínez fíxose co accésit á mellor canción.
Riobó retorna con Quiral
Xénero:
| 24 / 4 / 2015Temas da tradición interpretados co virtuosismo do folk contemporáneo. Esta é a proposta na que afonda Riobó con Quiral, o seu segundo disco. Gaita, da man de Marcos Campos, frauta e requinta, con Fernando Pérez, a guitarra de Fernando Barroso, o bouzouki de Xosé Liz, e mais o violín de Begoña Riobó acompañan melodías que en moitos casos recollen o xeito de tocar das Rías Baixas. Nove temas instrumentais amosan o bo facer do quinteto, que comeza a finais deste mes de abril a súa xira de presentación.
aCentral Folque recupera a Florencio, cego dos Vilares
Xénero:
| 21 / 4 / 2015Unha selección das gravacións que realizaron entre 1979 e 1981 Antón Santamarina e Dorothé Schubarth poden escoitarse agora en Florencio, cego dos Vilares. aCentral Folque presenta na súa colección Chave Mestra este libro CD que afonda na figura deste músico, un dos últimos representantes da tradición de cegos ambulantes.
O Festival de Lorient 2015 terá unha ampla presenza galega
Xénero:
| 17 / 4 / 2015A 45 edición do Festival Intercéltico de Lorient, que se celebrará entre os vindeiros 7 e 16 de agosto en Bretaña acaba de anunciar o seu programa. No mesmo constátase unha presenza galega superior á dos últimos anos, composta por Carlos Núñez, Rosa Cedrón, Talabarte, Radio Cos, Edelmiro Fernández, Pedro Pascual e mais a Banda de gaitas de Barbude. Así, Núñez actuará no Espace Marine o 13 de agosto, mentres Cedrón visitará o Grand Théatre o día 11 e Talabarte e Radio Cos achegarán cadanseus dous concertos.
O libro-disco Pazos de Merexo afonda na historia do acordeón
Xénero:
| 14 / 4 / 2015Acaba de presentarse o libro-disco Pazos de Merexo, o acordeón diatónico da Costa da Morte, a primeira e única publicación que afonda na historia desta modalidade musical en Galicia. Esta monografía recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo, o último maestro do acordeón diatónico de Galicia. O libro conta con documentación gráfica, e se presenta ademais cun Cd no que se pode escoitar en versión orixinal unha selección de gravacións inéditas de Pazos do Merexo realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz.
A Central Folque reivindica a historia de Amadeo Goyanes
Xénero:
| 6 / 4 / 2015Pablo Quintana é o autor da investigación que recolle a historia de Amadeo Goyanes, ferroviario e un dos pioneiros na recuperación da zanfona no noso país. A Central Folque acaba de publicar este traballo na forma do libro-CD Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de monforte. Canda a un repaso pola vida e obra deste músico, que creou a primeira escolanía de zanfonas do país, a obra inclúe partituras e edítase acompañada dun CD no que se poden escoitar pezas inéditas de Goyanes.
Guadi Galego aparece como favorita nos Premios Opinión
Xénero:
| 13 / 3 / 2015Cunha candidatura en cada unha das tres categorías do certame, Guadi Galego e o seu Lúas de agosto aparecen como favoritas nos Premios Opinión de Música de Raíz. A XIV edición destes galardóns amosa unha importante concentración de nomeados, xa que outros tres artistas compiten en cadansúas dúas categorías. Trim, o proxecto de Luís Peixoto e Fernando Barroso aspira aos premios a mellor tema orixinal e mellor disco, mentres Germán Díaz e o seu Método Cardiofónico e Magín Blanco con Gatuxo enfróntanse polo galardón a mellor artista e mellor disco. Precisamente é a primeira vez que un disco de música para os máis novos, como é o de Blanco, aparece na listaxe de candidatos á mellor obra do ano.
Coanhadeira dá os seus Bicos con luvas
Xénero:
| 10 / 3 / 2015O Teatro Principal de Santiago acolle a presentación, o vindeiro 14 de marzo, do terceiro disco de Coanhadeira. Logo dunha exitosa campaña de crowdfunding en Verkami, o grupo ourensán presenta Bicos con luvas, un proxecto que presenta cortes nos que o folk se mestura con toques de jazz. Batería, acordeón, bouzouki ou zanfona alíanse para artellar melodías complexas e sofisticadas que non abandonan a base tradicional. Gravado nos vigueses MuU! Estudios, o álbum Logo do concerto inaugural, a xira de presentación continuará por Ourense (Teatro Principal, 27 de marzo), Cangas (Salasón 5 de abril) e mais Vilar de Santos (A arca da Noe, 11 de abril)
Ouvirmos publica as primeiras gravacións lucenses
Xénero:
| 5 / 3 / 2015O Salón de Actos da Deputación de Lugo acollía onte a presentación do último lanzamento da discográfica Ouvirmos no marco da súa colección A Tiracolo. O libro-CD Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918 recolle en 188 páxinas a biografía desta histórica formación lucense da mana de Ramón González González. O disco inclúe ademais vinte temas entre os que se atopan os primeiros que se gravaron na provincia, en 1918. Entre eles, unha gravación tan importante como o primeiro rexistro sonoro do Himno Galego. O volume complétase cunha segunda xeira de gravacións realizada dez anos despois.
Pelepau convida ao ritmo de Fío e agulla
Xénero:
| 27 / 2 / 2015Trece temas nos que os ritmos tradicionais galegos atópanse con percusións doutros lugares do mundo. Esta é a proposta que fai o grupo vigués Pelepau no seu primeiro álbum, Fío e agulla. O conxunto de doce percusionistas, nado en 2010, lanza da man de Inquedanzas Sonoras esta proposta, na que amosa o seu bo facer a explorar novos terreos para os instrumentos de sempre. A Repichoca acolle na Coruña o vindeiro concerto de presentación do proxecto na noite do 27 de febreiro.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos