Ti estás aquí > Inicio / / Sofía Espiñeira gaña o II Certame de Canción de Autor en Galego
Sofía Espiñeira gaña o II Certame de Canción de Autor en Galego
abril 28, 2015
A cantautora Sofía Espiñeira impúxose a outros sete finalistas na gala da segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego Concello de Teo. A compostelá tamén recibiu o premio do público á mellor artista mentras que Pilar Martínez fíxose co accésit á mellor canción.
O director do certame, o cantautor Xoán Curiel, destacou que o xurado tivo un labor "difícil pola calidade dos oito artistas que chegaron á fase final" e alabou o papel do público animando aos participantes. Como premio, Sofía Espiñeira vai ter a posibilidade de gravar un EP. Ademais, disporá dunha serie de concertos e de promoción dese primeiro traballo discográfico, así como un ano de socia na Asociación de Músicos ao Vivo.
O xurado estaba composto por Carme Hermida, concelleira de Cultura de Teo; Najla Shami, unha das artistas galegas máis coñecidas; Juan Torreiro e Inés Portela, en representación da prensa especializada e industrias culturais, respectivamente.
A gañadora está vinculada ás artes escénicas desde moi nova xa que comezou a compoñer aos dezaseis anos. Na actualidade ten realizado varios concertos en distintos locais como cantautora ao tempo que está a se iniciar no mundo dá música tradicional coa aprendizaxe dá pandeireta.