Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / aCentral Folque recupera a Florencio, cego dos Vilares

O LIBRO CD RECOLLE O TRABALLO DE ANTóN SANTAMARINA E DOROTHé SCHUBARTH SOBRE O MúSICO

aCentral Folque recupera a Florencio, cego dos Vilares

FOLK | abril 21, 2015

florencio_capa_folque.jpg

Unha selección das gravacións que realizaron entre 1979 e 1981 Antón Santamarina e Dorothé Schubarth poden escoitarse agora en Florencio, cego dos Vilares. aCentral Folque presenta na súa colección Chave Mestra este libro CD que afonda na figura deste músico, un dos últimos representantes da tradición de cegos ambulantes.

Canda ao traballo de Santamarina, o volume inclúe textos de Ramom Pinheiro, András Vavrinecz e Sergio de la Ossa. A nivel sonoro, poden escoitarse exemplos de todos os xéneros do cancioneiro galego, incluídas varias pezas inéditas, interpretados por este popular violinista. O volume preséntase o vindeiro 24 de abril na Fonsagrada, lugar de orixe do músico.

datos do disco