Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Central Folque reivindica a historia de Amadeo Goyanes

UN LIBRO DISCO RECOLLE O TRABALLO DESTE PIONEIRO DA RECUPERACIóN DA ZANFONA

A Central Folque reivindica a historia de Amadeo Goyanes

FOLK | abril 6, 2015

amadeo_goyanes_folque.jpg

Pablo Quintana é o autor da investigación que recolle a historia de Amadeo Goyanes, ferroviario e un dos pioneiros na recuperación da zanfona no noso país. A Central Folque acaba de publicar este traballo na forma do libro-CD Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de monforte. Canda a un repaso pola vida e obra deste músico, que creou a primeira escolanía de zanfonas do país, a obra inclúe partituras e edítase acompañada dun CD no que se poden escoitar pezas inéditas de Goyanes.

Ademais, o álbum recolle temas deste músico e pezas orixinais creadas pola Aula de Zanfona da Escola Folque interpretados por zanfonistas actuais como Oscar Fernández, Gutier Alvarez, Pablo Bernárdez Mato, Paz Pazita, Jaime Rebollo, Cesar Loureiro Sobral, Uxía Vázquez Álvarez, Martiño Cabarcos, Manuel Rey Romero e Ariel Ninas.

O traballo ve a luz coa colaboración da Deputación de Lugo e mais do Concello de Monforte.

DOCUMENTO
datos do disco