Coanhadeira dá os seus Bicos con luvas
marzo 10, 2015
O Teatro Principal de Santiago acolle a presentación, o vindeiro 14 de marzo, do terceiro disco de Coanhadeira. Logo dunha exitosa campaña de crowdfunding en Verkami, o grupo ourensán presenta Bicos con luvas, un proxecto que presenta cortes nos que o folk se mestura con toques de jazz. Batería, acordeón, bouzouki ou zanfona alíanse para artellar melodías complexas e sofisticadas que non abandonan a base tradicional. Gravado nos vigueses MuU! Estudios, o álbum
Logo do concerto inaugural, a xira de presentación continuará por Ourense (Teatro Principal, 27 de marzo), Cangas (Salasón 5 de abril) e mais Vilar de Santos (A arca da Noe, 11 de abril)