Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ouvirmos publica as primeiras gravacións lucenses

A DISCOGRáFICA PRESENTOU ONTE O VOLUME CORO CáNTIGAS E ATURUXOS. REPERTORIO LUCENSE. 1918

Ouvirmos publica as primeiras gravacións lucenses

FOLK | marzo 5, 2015

cantigas_aturuxos_1918_ouvirmos.jpg

O Salón de Actos da Deputación de Lugo acollía onte a presentación do último lanzamento da discográfica Ouvirmos no marco da súa colección A Tiracolo. O libro-CD Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918 recolle en 188 páxinas a biografía desta histórica formación lucense da mana de Ramón González González. O disco inclúe ademais vinte temas entre os que se atopan os primeiros que se gravaron na provincia, en 1918. Entre eles, unha gravación tan importante como o primeiro rexistro sonoro do Himno Galego. O volume complétase cunha segunda xeira de gravacións realizada dez anos despois.

datos do disco