Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Susana Seivane volve máis forte co disco 'Sete'
Xénero:
| 28 / 12 / 2023Achegar o son da gaita a enfoques contemporáneos, máis sonoros e vibrantes, con contido máis pesado e poderoso, sen perder a esencia do xenuíno da interpretación é a intención de Susana Seivane con este novo traballo 'Sete'. O nome do álbum coloca o novo disco no seu posto na discografía da artista, tras aquel 'Dende o meu balcón' (2020) no que recollía os temas compartidos cos seu veciños en nas redes sociais durante o confinamento. O pasado sete de setembro, a gaiteira adiantaba 'Non é non’ o tema de apertura deste álbum, onde emprega a forza do seu instrumento para elevar o berro sinalando a lacra incesante na nosa sociedade da violencia de xénero. Para elo, rodeouse de multitude de artistas que tamén pronunciaron a súa repulsa contra este mal endémico: Luis Zahera, Elena Ferro, Iván Raña ou Carlos Blanco, entre outros, sumáronse a esta campaña iniciada pola artista. Ese tema, no que agaita comparte a súa forza coa dos instrumentos electricos e de percusión propios do rock abre un disco cheo de variedade sonora e no que hai un total de 12 temas, incluíndo xotas, pasodobres, muiñeiras e outras pezas como unha versión de 'Lela'. Composicións propias e tradicionais atópanse neste repertorio que Seivane defenderá hoxe no teatro Colón da Coruña no que será o su único concerto de presentación en Galicia de 'Sete'. Este xoves 28 ás 20:30 h seivane comparecerá ante o seu público acompañada de Miguel González no saxo, Iago Rodríguez no baixo, Alber Grela na guitarra e Carlos Freire na batería. O disco xa pode escoitarse nas platafromas dixitais.
Ailá presenta un disco de panxoliñas tradicionais
Xénero:
| 5 / 12 / 2023Oito panxoliñas tradicionais compoñen Ailá de Nadal. O grupo de música tradicional Ailá acaba de lanzar este volume no marco da campaña Nadal en rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten o álbum íntegro na súa canle de Youtube. O volume recolle cancións de aguinaldo como Aninovo de 1860, peza recollida no cancioneiro de Marcial Valladares, ou As xaneiras recollidas en Pazos de Borbén. Cantares de Reis de Bendollo, Vilardevós e Rianxo fan tamén parte do proxecto.
Culturgal expande a Vigo a súa programación
Xénero:
| 14 / 11 / 2023Por vez primeira desde o seu nacemento Culturgal, renomeado como Feira das Culturas Galegas, terá dúas sedes neste 2023. A organización do evento e máis a Deputación de Pontevedra anunciaban este 13 de novembro a programación Culturgal Expandido, que se desenvolverá na sede viguesa da institución provincial entre os días 23 e 24 de novembro.
A Quenlla presenta un novo disco que recupera ao poeta Avelino Díaz
Xénero:
| 9 / 11 / 2023A histórica formación A Quenlla ven de presentar un novo traballo discográfico cando están a piques de facer o seu corenta aniversario. O disco 'Na lírica emoción' está dedicado de xeito íntegro ao poeta Avelino Díaz Díaz, ofrecendo nel doce cantigas "cunha sonoridade que bebe da tradición e que percorre diversos estilos para achegarse ao folk de raíz", segundo explica o grupo. O disco está dispoñible en formato físico de CD baixo pedido a través das redes sociais de A Quenlla.
Redondela acolle a Homenaxe nacional a Dorothé Schubarth
Xénero:
| 9 / 11 / 2023Dous meses despois da súa morte, a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, autora do Cancioneiro popular galego, recibe o seu primeiro acto de homenaxe póstumo no noso país. O Concello de Redondela, co apoio do Consello da Cultura Galega e mais do Museo do Pobo Galego organiza a Homenaxe nacional a Dorothé Schubarth, un encontro que se desenvolverá o vindeiro 11 de novembro no Auditorio da Xunqueira.
A AELG entrega os Premios Mestras e Mestres da Memoria
Xénero:
| 25 / 10 / 2023Entre o 26 e o 28 de outubro a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega está de celebración. O día 27 o Vello Cárcere de Lugo acolle a VIII Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, uns galardóns que recoñeceron nesta xeira a Mercedes Vázquez Saavedra e Xan de Vilar. Na véspera, a entidade celebra un Faladoiro en Homenaxe a Dorothé Schubarth e o 28 desenvólvese a XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral, dedicada nesta xeira á cuestión "Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción".
Fecha o centenario obradoiro de gaitas García de Riobó
Xénero:
| 24 / 10 / 2023A xubilación de Joaquín Espiño o vindeiro mes de novembro levará ao feche do obradoiro de gaitas García de Riobó, na Estrada, considerado un dos máis antigos aínda en activo no noso país. A retirada de Espiño rematará cunha saga dedicada á fabricación de instrumentos, fundamentalmente gaitas e requintas, que a familia remonta a 1790.
Caamaño&Ameixeiras mudan o paso con Quitar o aire
Xénero:
| 20 / 10 / 2023Logo do éxito do seu álbum de debut Aire, Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras lanzan este 20 de outubro o seu segundo traballo. Quitar o aire, publicado por Raso Estudios, amosa unha exploración de novas sonoridades por parte do grupo en nove temas como A pequena morte, Entrudio, O corpo aberto ou Mortalla morte, mortalla de amor.
Fuxan os Ventos e Milladoiro asinan un tema xuntos por vez primeira
Xénero:
| 16 / 10 / 2023Dúas das formacións máis importantes da música folk galega durante décadas veñen de unirse musicalmente por vez primeira para facer unha canción conxunta que entra xa na historia da nosa música. "Barqueiros de Ribadavia" é o tema que ven de unir a Fuxan os Ventos e Milladoiro. O tema esta composto polos integrantes de Milladoiro Manuel Riveiro Hermo e Xosé Vicente Ferreirós xunto con Ramón Díaz Novo e forma parte dunha serie de cancións que o grupo Fuxan os Ventos sacará á luz durante os próximos meses e no que estarán algúns temas que formaron parte da exposición dedicada aos 50 anos de historia da formación. As dúas históricas agrupacións, nacidas na década dos 70, compartiron espazos musicais e compromiso coa recuperación da tradición musical galega pero é agora cando, por primeira vez, colaboran nunha canción. O tema xa se pode atopar en diversas plataformas dixitais.
O documental Dorothé na vila xa se pode ver íntegro na rede
Xénero:
| 13 / 9 / 2023Coa mensaxe "Dorothé sempre dixo que o seu traballo nos pertence a todas. Desde hoxe, podedes ver o documental en aberto", Alejandro Gándara e Olaia Tubío, responsables do documental Dorothé na vila publicaban este 12 de setembro esta peza audiovisual na plataforma Vimeo.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos