Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O documental Dorothé na vila xa se pode ver íntegro na rede

ALEJANDRO GáNDARA E OLAIA TUBíO PUBLICAN EN ABERTO O SEU DOCUMENTAL POUCOS DíAS DESPOIS DO PASAMENTO DE SCHUBARTH

O documental Dorothé na vila xa se pode ver íntegro na rede

FOLK | setembro 13, 2023

imaxe non dispoñible

Coa mensaxe "Dorothé sempre dixo que o seu traballo nos pertence a todas. Desde hoxe, podedes ver o documental en aberto", Alejandro Gándara e Olaia Tubío, responsables do documental Dorothé na vila publicaban este 12 de setembro esta peza audiovisual na plataforma Vimeo.

O lanzamento en aberto prodúcese uns días despois do falecemento da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, que lle dá título e que é o eixe do proxecto. Ata o momento, o filme estaba dispoñible na plataforma de pago Filmin.

En Dorothé na vila os dous cineastas revisitan os lugares nos que Schubarth realizou as recolleitas coas que artellou o Cancioneiro popular galego, entrevistando a varias das súas informantes de entón e reflexionando sobre a evolución da sociedade rural galega e do seu patrimonio sonoro.