Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Susana Seivane volve máis forte co disco 'Sete'

A GAITEIRA OFRECE HOXE NO TEATRO COLóN O SEU úNICO CONCERTO DE PRESENTACIóN DO áLBUM

Susana Seivane volve máis forte co disco 'Sete'

FOLK | decembro 28, 2023

PORTADA_SETE_SUSANASEIVANE.jpg

Achegar o son da gaita a enfoques contemporáneos, máis sonoros e vibrantes, con contido máis pesado e poderoso, sen perder a esencia do xenuíno da interpretación é a intención de Susana Seivane con este novo traballo 'Sete'. O nome do álbum coloca o novo disco no seu posto na discografía da artista, tras aquel 'Dende o meu balcón' (2020) no que recollía os temas compartidos cos seu veciños en nas redes sociais durante o confinamento. O pasado sete de setembro, a gaiteira adiantaba 'Non é non’ o tema de apertura deste álbum, onde emprega a forza do seu instrumento para elevar o berro sinalando a lacra incesante na nosa sociedade da violencia de xénero. Para elo, rodeouse de multitude de artistas que tamén pronunciaron a súa repulsa contra este mal endémico: Luis Zahera, Elena Ferro, Iván Raña ou Carlos Blanco, entre outros, sumáronse a esta campaña iniciada pola artista. Ese tema, no que agaita comparte a súa forza coa dos instrumentos electricos e de percusión propios do rock abre un disco cheo de variedade sonora e no que hai un total de 12 temas, incluíndo xotas, pasodobres, muiñeiras e outras pezas como unha versión de 'Lela'. Composicións propias e tradicionais atópanse neste repertorio que Seivane defenderá hoxe no teatro Colón da Coruña no que será o su único concerto de presentación en Galicia de 'Sete'. Este xoves 28 ás 20:30 h seivane comparecerá ante o seu público acompañada de Miguel González no saxo, Iago Rodríguez no baixo, Alber Grela na guitarra e Carlos Freire na batería. O disco xa pode escoitarse nas platafromas dixitais.

datos do disco