Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Culturgal expande a Vigo a súa programación

A DESPEDIDA DE LEILíA SERá O CONCERTO CENTRAL DA FEIRA DAS CULTURAS O 2 DE DECEMBRO

Culturgal expande a Vigo a súa programación

FOLK | novembro 14, 2023

imaxe non dispoñible

Por vez primeira desde o seu nacemento Culturgal, renomeado como Feira das Culturas Galegas, terá dúas sedes neste 2023. A organización do evento e máis a Deputación de Pontevedra anunciaban este 13 de novembro a programación Culturgal Expandido, que se desenvolverá na sede viguesa da institución provincial entre os días 23 e 24 de novembro.

Un espazo de conversa arredor da memoria histórica coa escritora Iria Morgade e a historiadora Alba Garrido abrirá este programa, que continuará cunha lectura-concerto na que se atopan a escritora Iolanda Zúñiga e o pianista Velpister. Un concreto de Catuxa Salom fechará a xornada do día 23.

No días 24 a celebración do 40 aniversario dos Premios Xerais reunirá nomes que recibiron este recoñecemento ao longo dos anos como Rexina Vega, María Reimóndez, Manuel Esteban, Santiago Lopo e Pedro Feijoo. Acompañaraos do director da editorial Fran Alonso, que fará un percorrido pola historia destes premios. Un recital de María Lado continuará unha sesión que fechará cun encontro con Leilía, cuxas compoñentes falarán da xira de despedida do grupo.

Precisamente un concerto de Leilía preséntase como o grande acontecemento musical da nova edición do Culturgal. O 2 de decembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o que será un dos últimos recitais do grupo no marco da xira 'Anque me vou non me vou'. As entradas están á venda no web da feira a un prezo de 16 euros.