Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Veciños de Redondela participan nunha zarzuela baseada en Xan Carallás
Xénero:
| 26 / 6 / 2009Conta a lenda popular que Xan Carallás foi o veciño que fundou a vila de Redondela. Unha historia que Suso Cameselle estivo investigando e analizando durante máis de dous anos e que agora pon en escena a fronte do grupo de teatro xuvenil, Disonada. A zarzuela estréase hoxe no multiusos da Xunqueira (20:30) e conta coa participación de sesenta persoas entre actores, músicos e bailaríns de entre 10 e 16 anos. A zarzuela sobre Carllás é a segunda dunha triloxía que Cameselle está a realizar sobre lendas redondelás. Ademáis da representación, o multiusos acollerá unha exposición sobre o protagonista desta historia.
A música que chegou do leste
Xénero:
| 24 / 6 / 2009“Aquí temos o estereotipo de que o jazz é unha música tocada por xente de raza negra, principalmente, afroamericanos , e que se compón dunha serie de instrumentos como a trompeta, contrabaixo, o saxo, a batería, e un par de instrumentos máis” explica Baldo Martínez, o director artístico do Imaxina Sons, o festival de Jazz de Vigo. Un encontro que leva cinco anos a romper con eses tópicos exhibindo o máis vangardista e, por suposto, o lado europeo do jazz. Escoiten ben porque hoxe abre as súas portas.
New York Dolls e The Wedding Present encabezan os carteis do Cultura Quente de Caldas
Xénero:
| 24 / 6 / 2009O Festival Cultura Quente de Caldas celebrará este ano a súa duodécima edición condicionado baixo o sino da crise económica. A ausencia de patrocinadores sumada ao feito de que as axudas públicas solicitadas á Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Ministerio de Exteriores levou á Produtora Esmerarte a reducir as expectativas desta cita musical, que con 113.000 euros máis IVE procedentes do Concello de Caldas presenta un cartel de 14 propostas musicais programadas consecutivamente nun só escenario. Así o venres 10 de xullo o cartel estará encabezado polos mítico New York Dolls e tamén actuarán Igloo, Arizona Baby, os franceses Kap Bambino, os belgas Vive la Fête e o produtor inglés Jeff Automatic. No sábado 11 actuarán na Carballeira de Caldas os británicos The Wedding Present, Lagartija Nick, Facto Delafé y Las Flores Azules, os franceses Atomic Garden, Zahara, os pontevedreses Delahoja e pecharán a noite Pin&Pon Djs.
A Federación de Bandas denuncia recortes no apoio da Xunta
Xénero:
| 18 / 6 / 2009O apoio económico que a Consellaría de Cultura lle viña prestando á Federación Galega de Bandas de Gaitas quedará en menos da metade do foi nos últimos anos. Así o denunciou a entidade logo de manter esta semana unha entrevista na que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela e mais o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, sinalaron que a Xunta non cubrirá a totalidade dos gastos das actividades previstas. Os responsables de Cultura si deron o seu apoio á celebración do III Certame Galego de Bandas de Música e mais do II Concurso de Composición para estas formacións, que terán publicadas as súas bases en vindeiras datas.
Recoller cantigas da outra banda do Atlántico
Xénero:
| 18 / 6 / 2009Desde hai xa moitos anos, abondosos colectivos percorren o noso país recollendo de aldea en aldea pezas do noso legado musical. No entanto, nos últimos anos comezan a aparecer traballos que amplían moito a área de recuperación da música galega. En concreto, están de actualidade dous traballos sobre a música galega en Cuba, un país que tivo unha importancia fundamental no desenvolvemento dos nosos sons, e nos que os músicos galegos deixaron unha fonda pegada. Achegámosche unha selección de temas galego-cubanos da man do proxecto Descarga ao vivo e mais do Quinteto Monterrey.
Oito por oito
Xénero:
| 16 / 6 / 2009Dunha banda a poesía de Lois Pereiro, da outra, a música de Alexandre González. O resultado é Oito cancións para oito poemas un traballo musical que é posible grazas a unha Bolsa de Primeira Obra da Fundación Caixa Galicia. O traballo, que se presenta hoxe na sede que a entidade ten en Lugo conta coa colaboración de Xabier Deive, Lino Braxe, Antón Patiño, Mini Rivas ou Julián Hernández, entre outros. Ofrecémosche no interior da noticia catro temas completos para escoitar.
Carlos Núñez descobre Brasil
Xénero: AUDIO
| 15 / 6 / 2009 +"En Brasil atopei unha Galicia do futuro", resume Carlos Núñez a experiencia suramericana da que naceu Alborada de Brasil. O último disco do gaiteiro vigués, que sae hoxe á venda, mergúllase nos sons do xigante da lusofonía e conta con colaboracións de luxo. Lenine, Carlinhos Brown ou Adriana Calcanhotto, entre outros, suman as súas achegas ás interpretacións do galego. O proceso de elaboración supuxo para Núñez toda unha viaxe iniciática que, segundo asegura, deixará pegada na súa música e que se poderá seguir nun vindeiro documental. O propio artista explícanos ese seu descubrimento do Brasil, e achéganos unha mostra da súa música.
O Festival de Ópera homenaxeará a Alfredo Kraus e a Miguel Fleta na súa 57 edición
Xénero:
| 12 / 6 / 2009Nin Miguel Fleta nin Alfredo Kraus son coruñeses, pero a súa traxectoria artística tivo moita relación coa cidade herculina e, máis concretamente co Festival de Ópera. Por iso, a edición número 57 deste encontro organizado pola Asociación de Amigos da Ópera vai honrar as súas figuras no programa que se desenvolverá entre agosto e setembro. No cartel destaca a representación Il Puritani de Bellini, unha peza se pode ver representada moi poucas veces; Turandot de Puccini con Ainhoa Arteta e Marcello Giorani; e Parténome de Leonardo Vinci. Ademais, o programa contará con varios recitais, nos que destaca o do barítono Leo Nunci que estará acompañado ao piano con Cristina Pato.
Nova Galega de Danza presenta a música do seu espectáculo Tradicción
Xénero: VIDEO
| 11 / 6 / 2009 +A compañía Nova Galega de Danza formada por músicos e bailaríns que comparten escenario en directo presenta agora o disco coa música do seu máis recente espectáculo TRADICCIÓN. Trátase da derradeira entrega da triloxía comezada con Alento (2003) e posteriormente con Engado (Falcatruada, 2007). O disco, editado por Falcatruada, é a consolidación dun proxecto escénico que vén de recibir o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica-Galicia. A través de 11 cortes o actual director musical da compañía, Pedro Lamas, ofrece unha achega ao noso folclore sobre melodías do repertorio popular recollidas polos propios músicos ou rescatadas de arquivos. Do mesmo xeito que coa danza os músicos unen nestas músicas a raíz coa vangarda contemporánea, neste caso sonora. Ademais dos arranxos de Lamas e de Jacobo de Miguel en dous temas, na gravación tamén están as achegas de Xabier Díaz, Toño Domínguez, Suso Iglesias, Ricardo Rozas, Juan Collazo, e Miguel Queixas . O disco sae á venda o vindeiro 16 de xuño e a música de TRADICCIÓN pódese adquirir en formato dixital a través das plataformas de venda na rede ITunes, Amazon e eMusic e pódese escoitar a través de servizos como Spotify, LastFM e Deezer.
O festival Artes no Camiño pode desaparecer este ano
Xénero:
| 10 / 6 / 2009A V edición do Festival Artes no Camiño, prevista para este verán, podería non chegar a celebrarse. Os concellos que organizan este evento celebra hoxe unha xuntanza en Sarria para reclamar apoios que garantan a continuidade do proxecto. O festival promoveu o ano pasado medio cento de actuacións musicais e escénicas en diferentes concellos da provincia de Lugo, organizando tamén obradoiros de creación. A raíz das diferentes edicións desenvolvéronse a Nova Orquestra Galega das Artes e mais as compañías Artes en Danza e No Camiño Teatro Novo.
novidades discográficas
O Noso Tempo
Hugo Guezeta
Cāldo
Catuxa Salom
Vertentes
Garza
Obra social
ORTIGA
Barullo
Baiuca