A Federación de Bandas denuncia recortes no apoio da Xunta
xuño 18, 2009
O apoio económico que a Consellaría de Cultura lle viña prestando á Federación Galega de Bandas de Gaitas quedará en menos da metade do foi nos últimos anos. Así o denunciou a entidade logo de manter esta semana unha entrevista na que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela e mais o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, sinalaron que a Xunta non cubrirá a totalidade dos gastos das actividades previstas. Os responsables de Cultura si deron o seu apoio á celebración do III Certame Galego de Bandas de Música e mais do II Concurso de Composición para estas formacións, que terán publicadas as súas bases en vindeiras datas.