Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival de Ópera homenaxeará a Alfredo Kraus e a Miguel Fleta na súa 57 edición
O Festival de Ópera homenaxeará a Alfredo Kraus e a Miguel Fleta na súa 57 edición
xuño 12, 2009
Nin Miguel Fleta nin Alfredo Kraus son coruñeses, pero a súa traxectoria artística tivo moita relación coa cidade herculina e, máis concretamente co Festival de Ópera. Por iso, a edición número 57 deste encontro organizado pola Asociación de Amigos da Ópera vai honrar as súas figuras no programa que se desenvolverá entre agosto e setembro. No cartel destaca a representación Il Puritani de Bellini, unha peza se pode ver representada moi poucas veces; Turandot de Puccini con Ainhoa Arteta e Marcello Giorani; e Parténome de Leonardo Vinci. Ademais, o programa contará con varios recitais, nos que destaca o do barítono Leo Nunci que estará acompañado ao piano con Cristina Pato.
O acto de presentación do cartel da 57 edición do Festival de Ópera serviu para presentar o DVD da ópera galega, O Arame de Juan Durán e Manuel Lourenzo. Unha produción que foi rexistrada durante a súa estrea, que tivo lugar o ano pasado no marco deste festival. Ademais, esta obra será a primeira ópera galega que se represente fóra de España, xa que está programada para 2011 na Ópera brasileira de Manaos.
Tamén che pode interesar:
- 30/ 6/ 2017 | A Ópera da Coruña volve ao Teatro Colón
- 28/ 8/ 2009 | I Puritani dálle inicio ao LVII Festival de Ópera da Coruña
- 23/ 8/ 2007 | O Festival de Ópera da Coruña chega á súa 55 edición
- 14/ 4/ 2003 | A Xunta asegura a celebración do Festival de Ópera da Coruña investindo 900.000 euros na súa vindeira edición