Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Veciños de Redondela participan nunha zarzuela baseada en Xan Carallás
Veciños de Redondela participan nunha zarzuela baseada en Xan Carallás
xuño 26, 2009
Conta a lenda popular que Xan Carallás foi o veciño que fundou a vila de Redondela. Unha historia que Suso Cameselle estivo investigando e analizando durante máis de dous anos e que agora pon en escena a fronte do grupo de teatro xuvenil, Disonada. A zarzuela estréase hoxe no multiusos da Xunqueira (20:30) e conta coa participación de sesenta persoas entre actores, músicos e bailaríns de entre 10 e 16 anos. A zarzuela sobre Carllás é a segunda dunha triloxía que Cameselle está a realizar sobre lendas redondelás. Ademáis da representación, o multiusos acollerá unha exposición sobre o protagonista desta historia.