Arquivo

36.232 noticias desde o ano 2000

X
3.261 resultados Busca: "Culturagalega"

A presentación da reedición de “Os Eoas” abre os actos de centenario da Real Academia Galega

De dez en cen

  • Neste 2006 cúmprense, entre outros, os aniversarios da Real Academia Galega e do Museo das Peregrinacións. A RAG cumpre cen anos e hoxe (salón de actos da Academia, 19:00 horas) comeza as súas actividades coa presentación de “Os Eoas” de Edu...

O Concello de Ribadeo dálle o nome do debuxante Suso Peña a unha rúa e organiza unha exposición

Rúa Suso Peña

  • Cando se está a facer un ano da morte do debuxante Suso Peña o Concello de Ribadeo lembra o seu veciño cunha serie de actos que se desenvolverán entre o 4 e o 11 de febreiro. Unha mostra de amigos e alumnos, unha lectura pública de textos sobre ...

O Parlamento Europeo resístese a aceptar o galego mentres o BNG reclama de novo a presenza do noso idioma nas Cortes

As voltas europeas da lingua

  • Onte coñecíamos un informe do Parlamento Europeo no que se desaconsellaba aceptar o emprego do noso idioma na cámara. Ademais dos problemas técnicos do emprego das linguas cooficiais do Estado, a Mesa da Eurocámara considera que as propias Corte...

Preséntase o Proxecto-Edición, a primeira iniciativa conxunta do CGAC, o MARCO e a Fundación Seoane

Unidos en edición

  • Un ambicioso proxecto encol da edición e da comunicación coma ferramentas artísticas. Esta é a base do Proxecto-Edición, unha proposta pioneira que une os esforzos dos tres grandes certos de arte contemporánea do país: O Centro Galego de Arte ...

Ánxela Bugallo suspende durante 14 meses a construción de dous edificios da Cidade da Cultura

A Cidade parada

  • Hai uns meses a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, anunciou no Parlamento a paralización temporal das obras da Cidade da Cultura ata que se redefina o proxecto. Bugallo deu a coñecer hoxe a suspensión provisional do xa anunciado, que afecta ...

Fílmax incorpora o catálogo de películas de Lauren films á súa distribución

Da factoría a casa

  • A división de distribución da empresa do lucense Julio Fernández, Fílmax, acaba de incorporar aos seus servizos en DVD os traballos de Lauren Folms. Foi posible grazas a un acordo asinado entre a produtora americana e a empresa situada en Catalu...

O Instituto Cervantes proxectará curtas galegas na súa sede de Estambul

As curtas chegan a Estambul

  • O vindeiro 3 de febreiro a acaba de inaugurar sede do Instituto Cervantes acollerá unha xornada de proxección de curtametraxes galegas. “A subela”, “Ciclo”, “ Meigallos, sombras e papas de arroz” e “Taxia”comprenden o programa do d...

O debuxante Daniel Montero faise co premio ao mellor caricaturista novel

Montero na bienal

  • Un dos máis inquedos autores da nosa BD, Daniel Montero, acaba de dar mostras do seu bo facer artístico ao conseguir o primeiro premio no VIII Concurso de Caricaturistas Nóveis. O xurado do certame, que convoca a Casa da Xuventude de Ourense, prem...

A cidades do Eixe Atlántico asinan a Carta de Aalborg e comprométense con desenvolvemento sostible

Soster o eixo

  • As 18 cidades galegas e portuguesas que integran o Eixe Atlántico do Noroeste Peninsular asinan mañá en Compostela a Carta de Aalborg. Con este documento, as urbes comprométense a aplicar criterios de desenvolvemento sustentable nas súas políti...

Os Ancares e o Mar de Lira preparan os seus proxectos para ser declarados Reservas da Biosfera pola UNESCO

Á busca da biosfera

  • A reserva mariña do Mar de Lira e mais os Ancares aspiran a ser as vindeiras Reservas da Biosfera que a UNESCO declare no noso país. No caso da reserva costeira son os propios mariñeiros da zona os que están a promover a declaración, que conta c...

O sector audiovisual avoga pola creación dunha marca propia para potenciar a exportación dos nosos produtos

Unha marca para ver

  • Crear unha marca de calidade que identifique os produtos audiovisuais feitos en Galicia. Esta é unha das propostas nas que están a traballar a Xunta e mais representantes deste sector. A idea é que esta marca faga parte no Plan de Internacionaliza...

Santiago celebra o VII Festival de Teatro Independente de Galicia

Teatro explosivo

  • As propostas escénicas máis arriscadas e atractivas chegan a Santiago da man da “Zona Alternativa”. É a sétima edición do festival de teatro independente de Galicia, coñecido como "Zona alternativa" que se celebra na Sala NASA en Santiago. ...

Ourense e A Coruña únense aos festexos de celebración do 250 aniversario do nacemento de Mozart

Que non pare a música

  • Hoxe cúmprense 250 anos do nacemento de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha efeméride que se celebra durante todo o ano na súa Austria natal (Viena e Salzburgo repártense o protagonismo) e da que Galicia tamén é partícipe. Coincidindo coa data que s...

O IGAEM crea unha comisión técnica para acometer a reforma da rede de teatros e auditorios

Redes paralelas

  • Este primeiro semestre do 2006 a Rede Galega de Teatros e Auditorios terá unha dobre actividade. Mentres nos escenarios se realizan os preto de catrocentos espectáculos contratados, na trastenda representantes das compañías, administración e sal...

O Consorcio Audiovisual levará producións galegas ao mercado de produtos para televisión de Cannes

Acudir ao mercado

  • Por segundo ano consecutivo, o Consorcio Audiovisual de Galicia leva unha caseta ao Mercado Internacional dos Contidos Audiovisuais e Dixitais para televisión máis importante de Europa, o MIPTV. O evento terá lugar en Cannes (Francia) do 3 ao 7 de...

A Xunta avanza en Fitur os cambios na lexislación sobre turismo

GMT + 24:00

  • Na xornada inaugural de Fitur, a feira internacional de turismo que se celebra en Madrid, a Xunta avanzou algunhas das cuestións da nova lei de turismo que pretende presentar no parlamento en decembro. Entre as principais novidades figura a reclasif...

As galerías preparan a súa visita a un ARCO no que non estará o MACUF

Tensando o ARCO

  • Faltan menos de quince días para que comece ARCO, a feira de arte contemporáneo máis importante do Estado. Un evento no que a presenza galega se mantén malia a avultada diminución do número de galerías estatais (un 20% menos). De Galicia irán...

Un videoclube aluga gratis unha curtametraxe galega con cada película

2X1

  • O videoclube Estevez Entertainment que ten delegacións en Santiago, Vilagarcía e Lalín ofrece unha curtametraxe de balde aos seus clientes. Con cada novidade que aluguen poden levar, tamén como préstamo e sen custe algún. a curtametraxe “Meta...

SOGAMA anuncia que minimizará a cantidade de lixo que se incinera e apoiará empresas de reciclaxe

Do forno á recuperación

  • A cantidade de lixo que a Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) incinera diminuirá nun futuro próximo. Segundo asegura o presidente desta entidade, José Álvarez Díaz, en "La Voz de Galicia", unha das súas prioridades é minimizar a cantid...

Plácido Castro, Alfredo García Alén e Bal y Gay lembrados en varias homenaxes

Lembranzas

  • Estes días sucédense as homenaxes e as actividades de persoeiros representativos da cultura. Esta tarde Luís Álvarez Pousa abordará en Santiago unha conferencia sobre a situación da prensa no tempo do galeguista, xornalista e tradutor Plácido ...