Plácido Castro, Alfredo García Alén e Bal y Gay lembrados en varias homenaxes

Lembranzas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Estes días sucédense as homenaxes e as actividades de persoeiros representativos da cultura. Esta tarde Luís Álvarez Pousa abordará en Santiago unha conferencia sobre a situación da prensa no tempo do galeguista, xornalista e tradutor Plácido Castro (1902-1967), homenaxeado co gallo do seu pasamento. En Pontevedra, o salón de actos do Museo de Pontevedra celebrou o 25 aniversario doutra morte, a do intelectual Alfredo García Alén. Ademais, a Universidade de Santiago continúa con outra das súas actividades incluídas dentro do programa de homenaxe a Bal y Gay. A musicóloga Rosa María Fernández García, especializada na música do século XX, abordará a faceta menos coñecida de Bal y Gay, a que fai referencia á súa actividade política.

Máis información sobre a homenaxe a García Alén no Diario de Pontevedra e sobre Plácido Castro na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plácido Castro, Luís Álvarez Pousa, Morte, Diario de Pontevedra...