Un libro de Hércules de Edicións sobre García-Sabell e unha homenaxe a Borobó lembran os galeguistas desaparecidos

Lembranzas de Sabell e Borobó

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
No ano que acaba fóronse dúas das máis destacadas figuras da cultura do país. Domingos García-Sabell e Raimundo García Borobó reciben estes días cadanseu homenaxe. Deste xeito, Hércules de Edicións presentou onte na Coruña o libro "Primeiro Nadal sen García-Sabell", no que se salienta o compromiso do intelectual con Galicia. Mentres, a asociación cultural Galicia Viva de Rianxo prepara para o vindeiro venres unha homenaxe a Borobó, co que quere recoñecer os vencellos do xornalista con esta vila.

Máis información sobre a homenaxe a García-Sabell en El Ideal Gallego; sobre a homenaxe a Borobó en Galicia Hoxe; sobre a morte de Borobó o noso tema sobre a morte de García-Sabell

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Culturagalega, Nadal, Galicia Hoxe...

Claves

Conceptos
Lugares