As galerías preparan a súa visita a un ARCO no que non estará o MACUF

Tensando o ARCO

26/1/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Faltan menos de quince días para que comece ARCO, a feira de arte contemporáneo máis importante do Estado. Un evento no que a presenza galega se mantén malia a avultada diminución do número de galerías estatais (un 20% menos). De Galicia irán as cinco asistentes habituais: as santiaguesas Trinta e SCQ (esta vez sen VGO trala súa disolución o ano pasado), a ourensá Marisa Marimón e as viguesas Bacelos e Adhoc. Non irá o Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa (Macuf) que prefire centrarse na súa nova etapa expositiva e investir os cartos do desprazamento en dar a coñecer o museo.

Máis información sobre esta edición de ARCO no seu web, sobre a presenza galega en La Voz de Galicia, a ausencia do MACUF en El Ideal Gallego e sobre a disolución SCQ-VGO na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Macuf, VGO, Feira...