Un ambicioso proxecto encol da edición e da comunicación coma ferramentas artÃsticas. Esta é a base do Proxecto-Edición, unha proposta pioneira que une os esforzos dos tres grandes certos de arte contemporánea do paÃs: O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo e a Fundación Seoane. Cunha festa en Compostela comeza hoxe esta iniciativa que pretende, ao longo de tres anos, organizar obradoiros, conferencias e actividades que irán desde a edición sonora á que se fai en papel, incluÃndo tamén a creación de obras dentro do propio proxecto.
Máis información no web do proxecto;en La Voz de Galicia , en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos