Os museos de arte contemporánea presentan un proxecto que compila material dos artistas do país

Un mapa artístico

5/2/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o MARCO de Vigo e a Fundación Luís Seoane acaban de dar a coñecer o “Espazo de documentación”. Un proxecto virtual (conta cun sitio web actualizado) e físico que pretende servir de base de datos de artistas e creadores de arte contemporánea do país. O espazo nace con información que documenta a traxectoria profesional (currículo, listaxe de exposición e unha escolma de obras) de máis de cen artistas e irá completándose co paso do tempo. A iniciativa enmárcase dentro do Proxecto Edición que iniciaron o ano pasado os tres centros.

Máis información no web do Espazo de Documentación, e no do Proxecto edición

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Luís Seoane, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Fundación Luís Seoane...