Chus Martínez: “É unha aproximación da escena artística contemporánea en Galicia”

A publicación Espazodocumental.net compila e sistematiza a creación artística actual

18/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Durante tres anos, e no marco do contexto do Proxecto Edición, Chus Martínez Domínguez estivo a compilar información duns cen artistas e creadores que traballan no contexto galego. Un material que se plasmou nun sitio web debidamente catalogado e accesible ao público (Espazodocumental.net). Toda esa documentación, que se garda fisicamente no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), foi peneirada, sistematizada e presentada ao público nun novo soporte, o libro, que toma o seu nome do sitio web. A publicación editada por Chus Martínez Domínguez, presentada onte na Facultade de Belas Artes, é unha ferramenta de traballo que inclúe textos e entrevistas sobre o contexto, a produción e a creación artística contemporánea.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

10/04/2014

Os 25 de Chelo

O CGAC achégase á traxectoria artística de Chelo Matesanz na súa última mostra

13/10/2008

A hora da muller na arte

A mostra Marxes e mapas convídanos a reflexionar sobre a creación artística feminina

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Facultade de Belas Artes, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)