As mulleres están a facerse co mundo da creación artística. Logo de anos nos que a súa visibilidade pública era moi inferior á dos seus colegas homes, nos últimos tempos detéctase unha presenza crecente da creación feminina no país. Precisamente encol da evolución deste ámbito o Auditorio de Galicia presentaba a pasada semana Marxes e mapas. A creación de xénero en Galicia unha exposición que recolle obras de 26 autoras do país. Os seus comisarios, Xosé Manuel Lens e Chus Martínez Domínguez, analizan con nós o panorama da creación de mulleres no país.
Estamos nun momento no que se están a recoñecer os esforzos que se están a fazer, de xeito individual ou mediante colectivos, no campo da arte desde hai vinte anos, explican os dous comisarios. Publicacións, concellarías de igualdade, exposicións específicas de mulleres ou mesmo políticas de xénero están relacionadas cunha situación tremendamente rica e con propostas moi diversas. Dáse unha situación de normalización que tamén se está a ver no ámbito institucional, con propostas coma a Secretaría Xeral de Igualdade ou a existencia dunha comisión do mesmo campo no Consello da Cultura.
Presenza crecente
A facultade de Belas Artes permitiu unha primeira xeración de creadoras formadas en Galicia. E a realidade é que o número de licenciadas é moi superior ao de homes. Esta realidade estámola atopando tamén de xeito moi claro en moitos certames de creadores, onde o número de mulleres é moi amplo cando hai uns anos non era así. A inversión é tremenda, explican. Proxectos coma as exposicións Corpos de produción, Boas Pezas ou Malas artes son mostra que, coas súas reflexións sobre xénero e creación exemplifican o momento actual. Mesmo a nivel de docencia hai moitísima muller, están en moitos proxectos de creación que non son estrictamente arte plástica. Os galeristas e os coleccionsitas apostan polas mulleres, hai moitísima actividade.
As creacións
A falar a un nivel máis artístico, na creación feminina galega detéctase un desexo de transformar e de mudar olladas. As creadoras galegas tentan mudar roles e determinadas inercias, explican Lens e Martínez. Hai unha variedade de mulleres que traballan diferentes linguaxes a tenden a discursos moi diferentes ao que é tradicional na historia da arte da muller. Aténdese máis ao público e ao social, pero sobre todo mudan as linguaxes. Se antes a muller traballaba máis nun ámbito do privado ou do íntimo, co bosquexo ou co rexistro, agora tenden a outros discursos e outros xeitos de comunicar, mais vencellados coa acción, co video, coa teórica, coa oraldiade ou a música. Son propostas moito máis interdisciplinares ou heteroxéneas, mesmo aquelas que recollen a tradición previa a estes dez anos. A nivel temático os comisarios destacan cuestións coma a relación entre o público e o privado, a autobiografía ou a autoficción, o propio feminismo, a sexualidade, o corpo e a violencia ou o territorio coma algúns dos grandes eixes dos últimos dez anos.
A mostra
Precisamente Marxes e mapas tenta amosar o xeito en que creadoras dos máis diversos ámbitos se posicionan e se relacionan cos diferentes temas. A mostra amosa un percorrido interxeracional da creación ao redor do concepto de muller nos últimos dez ou quince anos, explica Lens. A proposta colle como punto de partida unha mostra que se desenvolveu en 1995, tamén no auditorio de Galicia, chamada A arte inexistente. Aquela mostra, comisariada por Rosario Sarmiento, quería dar a coñecer determinadas artistas que traballaran no país ao longo do século XX ata aquel momento. Nós partimos precisamente daquela data. Recuperamos catro artistas que estaban naquela exposición e tentamos recoller como evoluíron desde aquela e ver como outras autoras desenvolveron determinadas liñas temáticas que elas xa comezaban a intuír daquela. mudanza no tema central das súas mostras amosa en boa medida a evolución do panorama creativo de xénero. De reivindicar a visibilización das artistas de todo o século pasouse a retratar un estado de normalidade creativa. A selección recolle finalmente traballos de Mónica Alonso, Mónica Cabo, Berta Cáccamo, Mar Caldas, Maribel Castro, Andrea Costas, Ángela de la Cruz, Victoria Diehl, Almudena Fernández, Sara Fuentes Cid, Amaya González Reyes, María Marticorena, Loreto Martínez Troncoso, Chelo Matesanz, Tatiana Medal, Holga Méndez, Antía Moure, Carme Nogueira, Pamen Pereira, Virginia Prego, Montse Rego, Enma Ríos, María Ruido, Sara Sapetti, Mar Vicente e Rita Rodríguez.
Traballo nas marxes
Canda aos eixes temáticos que se mantiveron máis ou menos constantes, na exposición amósanse tamén propostas que quedaron abortadas, que non foron respondendo a modas, explican os comisarios. As propias autoras amosan de xeito artístico as súas reflexións sobre a propia evolución creativa mediante obras non expostas, bosquexos e material de traballo que retratan esas marxes do proceso. Por outra banda, a seguir nas marxes, na exposición incídese nunha característica de boa parte a creación feminina galega, que é o traballo en ámbitos non recoñecidos habitualmente coma arte. Houbo artistas que en momentos concretos relacionaron a súa obra con ámbitos coma a banda deseñada, o deseño ou a moda, pero tamén a oralidade e a teatralidade por exemplo, lembran. De cara ao futuro semella clara a tendencia a que a arte feminina continúe a se desenvolver. Xa foi difícil facer esta selección, pero con toda a actividade que existe posiblemente dentro de vinte anos sexa imposible facer unha mostra coma esta.

Mostra da exposición Marxes e Mapas
O Refuxio de Carme Nogueira representa esa conexión entre o espazo exterior e interior