Un ciclo exhibe a videocreación do país feita por mulleres

É o complemento da mostra Marxes e Mapas. A creación de xénero en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

María Marticorena, Amaya González Reyes ou Chelo Matesanz son algunhas das artistas que teñen traballado nos eidos da videocreación ou o vídeoarte. Esa faceta é a que se recolle no ciclo audiovisual que se desenvolve estes días na sala chamada “Zona C” (San Domingos de Bonaval, 1) en Santiago de Compostela. O ciclo inclúe o traballo de doce mulleres que reflexionan en vídeo sobre as conexións entre creación e sociedade. A mostra é o complemento da exposición Marxes e Mapas. A creación de xénero en Galicia que se pode ver ata o 1 de febreiro no Auditorio de Galicia.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A hora da muller na arte

A hora da muller na arte

A mostra Marxes e mapas convídanos a reflexionar sobre a creación artística feminina

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Xénero, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela...