Procesos inconclusos

Amaya González pecha no MARCO o ciclo Entrar na obra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xardín, 2011. Amaya González Reyes

Xardín, 2011. Amaya González Reyes

As obsesións de Amaya González Reyes (Sanxenxo, Pontevedra, 1979) fan parte da última exposición en chegar ao MARCO de Vigo. Unha mostra na que a artista exhibe doce obras de recente produción na que pretende dar conta que o intento de plasmar unha idea pode ser máis gratificante que o resultado final. A mostra, que estará ata o 20 de maio, titúlase Entrar na obra. Perder(se) nela.

Vivencias dunha pega (un ensaio sobre o exceso e o luxo)
1/4
Vivencias dunha pega (un ensaio sobre o exceso e o luxo)
2/4
Sen título
3/4
Perderse no camiño
4/4

Instalacións ou esculturas/obxectos, unha videoproxección e cinco fotografías da serie Asalto (est)ético conforman esta mostra que conclúe o ciclo deseñado por Agar Ledo, Entrar na obra. O proxecto contou con 5 propostas e tomou o título da coñecida peza de Giovanni Anselmo Entrare nell’opera (1971). A súa intención era a de afondar no espectador, na súa pasividade e recepción, como unha parte indiscutible da obra artística.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sanxenxo, Pontevedra, Agar Ledo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)