A primeira cita no calendario, Presenza activa , afonda na relación do artista co espectador. Trátase dunha mostra colectiva que o MARCO coproduce con LABoral, Centro de Arte y Creación Industrial de Xixón e que presnta artistas como Maja Bajević, John Bock, Sue-C, Gary Hill, Thom Kubli, Mads Lynnerup, Alastair MacLennan, Sergio Prego, La Ribot, Carlos RodrÃguez-Méndez.
En xuño chega a outra exopsición, tamén en coprodución co francés FRAC Lorraine, que é o resultado do premio de novos comisarios. Segundo explica unha nota de prensa remitida polo MARCO, o proxecto gañador “toma como punto de partida a escritura do autor uruguaio Felisberto Hernández (1902-1964), para explorar a noción de lectura e as súas diferentes modalidades, experiencias e estructuras. As obras exhibidas fan uso da relación e interacción entre texto e lector, asà como da condición, o acto e o proceso da lectura, e as formas de construción do significado”. A mostra chegará ao MARCO de Vigo, depois de se exhibir en Francia.