Atalaia achégase ás plusvalías da arte que plasma Amaya González Reyes

É unha nova incorporación na canle de arte de Culturagalega.org

26/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Contemplación. 2006. Fotograma de vídeo, 10 minutos en loop. Cortesía da artista

Amaya González Reyes (Sanxenxo, 1979) está estes día de actualidade pola súa última exposición no MARCO. Ademais, trátase da última artista en incorporarse ao catálogo de Atalaia, a canle de arte de Culturagalega.org. A artista aborda ao longo da súa traxectoria as plusvalías e dinámicas entre a idea e o obxecto artístico -os seus valores de uso, de cambio, de signo e de símbolo-, así como a noción do luxo, a fisicidade literal do diñeiro ou a autorepresentación da figura do artista como icona de valor, entre outros temas.

González emprega no seu traballo diferentes linguaxes como o debuxo e o texto ata o escultórico, desde as accións e os rexistros documentais ata instalacións, fotografías ou vídeos, o seu traballo parte de ideas e percepcións, de racionalizacións e alteracións, para ofrecer singulares poéticas do cotiá.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Culturagalega, Sanxenxo, Debuxo...