Félix Fernández (Viveiro -Lugo-, 1977)é a nova incorporación de Atalaia, a canle temática de arte de Culturagalega.org. Fernández está de actualidade pola inauguración da exposición Crossed Lines, que recupera o traballo desenvolvido nas súas estadÃas en BerlÃn e Nova York. Agora incorpora a esta canle especializada o seu traballo que reflexiona sobre a busca da identidade, a dinámica do espello e os seus reflexos escenografiados, as autoafirmacións e os conflitos entre sentimento e razón, desexo e realidade. VÃdeos, performance, series fotográficas, instalacións, escenificacións audiovisuais, ata participacións en videoclips ou colaboracións musicais conforman o formato no que recolle a súas propostas, que evolucionan da introspección persoal cara un posicionamento social.
Respecto ás vindeiras entradas destes cincuenta novos artistas, seguen o proceso de propostas e votacións realizadas no seo da Sección de Arte Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega. Esta Sección, coordinada por MarÃa LuÃsa Sobrina, Catedrática de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, está composta por oito membros máis: Camilo Franco, Federico López Silvestre, Carme Nogueira, Antón Patiño, Seve Penelas, Natalia Poncela, Miguelanxo Prado e Carlos Rosón.