O CGAG, o MARCO e a Fundación Luís Seoane inician a temporada expositiva co proxecto Edición

Inicio compartido

Tres centros, tres programacións diferentes pero un proxecto común. Os centros de arte contemporánea do país, a saber, CGAG de Santiago, o MARCO de Vigo e a Fundación Luís Seoane da Coruña prepáranse estes días para inaugurar a temporada expositiva de outono. Aínda que cada un presenta o seu propio proxecto, este ano compartirán obxectivos e mostras grazas ao “Proxecto edición”. Un programa dirixido por Manuel Olveira e que pretende adentrarse no mundo da edición, entendéndoo como soporte de propostas de investigación e creación artísticas. De todos os xeitos, “Palabras contadas”, o título da primeira montaxe deste programa chegará en decembro. Mentres tanto, a Fundación Seoane achegará obras de setenta autores galegos da primeira metade do século XX e o CGAC acollerá unha exposición sobre Menchu Lamas.

Máis información en La Voz de Galicia, sobre o Proxecto edición no seu web e sobre a exposición da Fundación Seoane en La Opinión