A exposición que celebra o quinto cabodano de Cela achegará a figura deste autor aos escolares

Cela para nenos

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:
A sede da Fundación Camilo José Cela acolle desde onte a mostra "Cela e Galicia", unha exposición que conmemora o quinto cabodano do escritor. A exposición amosa os manuscritos das obras que o autor ambientou en Galicia, o seu epistolario con destacados persoeiros galegos, fotografías, artigos e outro material. A proposta irá acompañada de proxeccións, obradoiros e charlas didácticas coas que se pretende achegar este autor aos escolares, segundo explicou a conselleira de Educación, que apoiou o proxecto.

Máis información en La Voz de Galicia, en La Opinión, web da Fundación e no web da Xunta

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camilo José Cela, Educación, La Opinión, La Voz de Galicia...