Cultura anuncia a creación de fundacións para xestionar o Centro Galego de Arte Contemporánea

Refundación contemporánea

5/1/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A actual responsable da Consellaría de Cultura, Ánxela Bugallo, anunciou onte que está descartado o proxecto de transformar o Centro Galego de Arte Contemporánea nunha fundación. Segundo Bugallo, o seu departamento está a analizar a posibilidade de optar por esta fórmula xurídica para xestionar diferentes apartados do centro. Canda a ela, o responsable desta institución, Manuel Olveira, apuntaba na presentación da programación para 2006 que o CGAC centrarase baixo o seu mandato na posta en marcha de proxectos plurianuais. Exemplo disto é Proxecto_Edición, que comezará este mesmo ano coa colaboración do MARCO e da Fundación Seoane.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz deGalicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Olveira, Ánxela Bugallo, Fundación Seoane, Culturagalega...