O Parlamento Europeo resístese a aceptar o galego mentres o BNG reclama de novo a presenza do noso idioma nas Cortes

As voltas europeas da lingua

1/2/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Onte coñecíamos un informe do Parlamento Europeo no que se desaconsellaba aceptar o emprego do noso idioma na cámara. Ademais dos problemas técnicos do emprego das linguas cooficiais do Estado, a Mesa da Eurocámara considera que as propias Cortes Españolas non sentan un precedente a non contemplar o emprego destas linguas. En resposta a isto, o deputado do BNG Francisco Rod´riguez, reclamáballe onte ao Goberno que tome medidas neste sentido para "ter credibilidade" ante o parlamento. A Eurocámara aprazou polo momento a súa decisión final sobre a cuestión dos idiomas.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o informe e sobre as posturas dos diferentes partidos; máis sobre a cuestión nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cortes, BNG, Culturagalega, La Voz de Galicia...