Santiago celebra o VII Festival de Teatro Independente de Galicia

Teatro explosivo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As propostas escénicas máis arriscadas e atractivas chegan a Santiago da man da “Zona Alternativa”. É a sétima edición do festival de teatro independente de Galicia, coñecido como "Zona alternativa" que se celebra na Sala NASA en Santiago. O certame comeza o martes coa aposta musical de “Javier Colís e as Malas Linguas” que dará paso a un ciclo que achegará teatro, música e danza dun xeito actual e comprometido. Ademais dos espectáculos, haberá café-coloquios cos artistas convidados (Rodrigo García, Olga Mesa, Sonia Gómez ou Juan Navarro) no “Laboratorio de Movementos”.

Máis información no web da Sala Nasa e sobre o “Laboratorio de movementos” na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sala Nasa, Danza, Culturagalega

Claves

Conceptos