A presentación da reedición de “Os Eoas” abre os actos de centenario da Real Academia Galega

De dez en cen

Neste 2006 cúmprense, entre outros, os aniversarios da Real Academia Galega e do Museo das Peregrinacións. A RAG cumpre cen anos e hoxe (salón de actos da Academia, 19:00 horas) comeza as súas actividades coa presentación de “Os Eoas” de Eduardo Pondal que inaugura a colección “Letras da Academia”. Por diante queda unha completa programación que inclúe actividades como a emisión na TVG dunha serie documental sobre os cen anos de historia. Por outro lado, o Museo das Peregrinacións celebra os seus dez anos de vida coa presentación dun libro e dun CD sobre a viaxe a Santiago de Cosme III de Médici no século XVII.

Máis información sobre o centenario da RAG no seu web, sobre o Museo das Peregrinacións no seu web e sobre a viaxe no noso tema