A Academia Galega lembra en Betanzos o primeiro discurso político feito en galego

Discurso pioneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O 6 de outubro de 1906, Manuel Lugrís Freire pronunciou en Betanzos a primeira intervención política na que se empregou o galego. Un discurso que tivo unha grande importancia no seu momento e que a Real Academia Galega (RAG) quixo lembrar cun acto que se celebra hoxe na localidade coruñesa. O acto comeza cunha recepción no Concello, a lectura do discurso e a presentación dos actos conmemorativos do centenario da Real Academia Galega. Unhas actividades que se sucederán no mes de novembro e nas que destaca unha exposición na que a RAG exhibirá os seus tesouros bibliográficos.

Máis información nos nosos especiais sobre Lugrís Freire e os tesouros bibliográficos da RAG e sobre a homenaxe en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Real Academia Galega, Culturagalega, Manuel Lugrís Freire...