Catro mostras celebrarán o centenario da Academia e outra lembrará a traxectoria de Amigos do País

Caixa, RAG e Amigos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O director de Caixa Galicia, José Luís Méndez, asinaba onte dous convenios polos que colaborará en dúas celebracións. Por unha banda, chegaba a un acordo coa Real Academia Galega para participar nas catro mostras coas que esta entidade quere celebrar o seu aniversario. Baixo o título "Galicia, a forza da palabra", poderán verse as exposicións "A RAG como culminación do Rexurdimento", "Lingua e Literatura", "A orixe dos apelidos" e mais "Homenaxe a Manuel Lugrís Freire". A entidade financeira tamén colaborará na organización dun simposio e mais dunha publicación arredor de Emilia Pardo Bazán. De xeito simultáneo, a Caixa chegaba a un acordo coa Real Sociedade Económica Amigos do País, polo que apoiará a realización da mostra "O efecto das luces" que a amosará o percorrido destas sociedades a través dos fondos bibliográficos e pictóricos que atesoura esta entidade desde a súa fundación en 1784.

Máis información en Galicia Hoxe; en La Opinión; máis sobre os fondos da Academia no noso especial e sobre Amigos do País neste tema

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Manuel Lugrís Freire, Manuel Lugrís, Emilia Pardo Bazán...