O Consorcio Audiovisual levará producións galegas ao mercado de produtos para televisión de Cannes

Acudir ao mercado

26/1/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Por segundo ano consecutivo, o Consorcio Audiovisual de Galicia leva unha caseta ao Mercado Internacional dos Contidos Audiovisuais e Dixitais para televisión máis importante de Europa, o MIPTV. O evento terá lugar en Cannes (Francia) do 3 ao 7 de abril e servirá de escaparate para os produtores interesados en vender as súas novidades. Por outra banda, o realizador galego Juan Pinzas presenta a súa última produción, “O desenlace” no Festival de Cine Fantástico de Porto (Fantasporto).

Máis información sobre o Miptv no web do Consorcio Audiovisual e sobre a produción de Pinzas na súa ficha en AVG

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, AVG, Cine, Consorcio Audiovisual de Galicia...