O Consorcio Audiovisual de Galicia presenta o calendario de mercados aos que vai levar producións

Pensar o mercado

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O audiovisual galego ten anunciado que o ano 2005 é no que pretende internacionalizar as súas producións e iso pasa por vender os traballos nos principais mercados do sector. Comezou asistindo ao mercado de curtametraxes Clermont-Ferrand a principios deste mes de febreiro. Pero o calendario ten moitas máis citas. A seguinte será do 11 ao 15 de abril cando en Cannes se celebre o MIP TV, un dos máis relevantes do mundo da televisión. Seguiralle o 28 e 30 de abril con MERCADOC, especializado en documentais que se organiza en Málaga ao abeiro do Festival de Cine Iberoamericano. En maio xunto con outras entidades estatais, o Consorcio estará presente baixo a marca Galicia Film Commissión no “Marché dun Film” (entre o 11 e o 21). En xuño chega o momento da animación no MIFA de Annency e remata coa presenza en Cannes no MIP COM do 17 ao 21 de outubro.

Máis información no web da Consorcio Audiovisual Galego

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Consorcio Audiovisual de Galicia, Animación, Cine...