O Consorcio audiovisual leva producións galegas a Cannes e Clermont Ferrand

Botar por fóra

19/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O audiovisual galego está presente estes días nun dos mercados de televisión máis importantes do mundo, o MIPCOM de Cannes. Faino nunha caseta con ICEX-FAPAE e Catalan Films&TV baixo o lema “Audiovisual from Spain”. A representación galega está baixo o auspicio do Consorcio Audiovisual a través da Galicia Film Comission. Non é o único festival no que estarán presentes produtos galegos, xa que o Consorcio Audiovisual de Galicia estará presente no mercado de curtametraxes Clermont Ferrand ao que levará o seu último catálogo, o de Curtas 05.

Máis información sobre o MIPCom no seu web e sobre o Clermont Ferrand no web do Consorcio

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Consorcio Audiovisual de Galicia

Claves

Lugares