O Consorcio Audiovisual levou un catálogo das producións recentes ao mercado de televisión de Cannes

Está a elaborar un catálogo de localizacións que estará listo para o Marché du Film

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O MIPTV é unha das citas de referencia dos produtos televisivos. Como é habitual, dentro da súa liña de traballo de internacionalización do sector audiovisual galeo, o Consorcio Audiovisual estivo presente nesta cita. Baixo o seu paraugas asistiron TVG, CTV, Zenit TV, Distrivisión e Maruxiña Films que regresaron da cita destacanto o “gran interese dos asistentes polo catálogo Films from Galicia”. Unha publicación editada polo Consorcio que recolle as últimas producións de ficción, animación e documental realizadas no país. O seguinte encontro no que participará o Consorcio será o Marché du Film, que coincide co Festival Internacional de Cine de Cannes, e no que presentará un catálogo de localización que está en fase de elaboración.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Animación, Cine, Documental...

Claves

Entidades
Lugares