Oito produtoras galegas acoden a Cannes a buscar negocio para formatos televisivos

Outra delegación volverá en maio a Cannes para o Marchè fu film

7/4/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Hoxe comeza no Palais des Festival de Cannes unha nova edición do MIPTV, o mercado de produtos audiovisuais destinados a televisión máis importantes de Europa. Unha cita na que o audiovisual galego estará presente a través dunha delegación de oito empresas apoiada por Agadic o Clúster do Audiovisual Galego e o IGAPE. Son as mesmas entidades que acaban de abrir o prazo de inscrición doutra misión empresarial tamén para Cannes. Será en maio (do 14 ao 23) no marco do mercado Marchè Du Film 2014.

Cannes é a cita de referencia dos produtores audiovisuais. Para este primeiro mercado, pensado específicamente para produtos de televisión, estarán presentes oito empresas: Bambú Producciones, Ficción Producciones, Filmanova, Formato Producciones, Maruxiña Films Company, Portocabo, Tree Line Distribution e Zenit TVasisten. Para o segundo, acaba de abrirse o prazo de inscrición.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Igape, Europa, Ficción Producciones...