Unha delegación galega acudirá ao mercado da televisión de Cannes

É o mercado europeo dos contidos e formatos para a pequena pantalla

9/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Amparadas baixo o “paraugas” do Clúster Audiovisual Galego, Filmanova, Voz Audiovisual, Perro Verde Films, Ficción Producciones, Filmax e a Televisión de Galicia acudirán o vindeiro luns a unha nova edición do MIPTV, ou o que é o mesmo, o mercado dos formato e produtos para televisión. Un encontro que se desenvolve no Palais des Festivals de Cannes e que contará coa participación de 15.000 profesionais de todo o mundo. A cita é imprescinble para facer contactos de vendas e de compras.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Filmanova, Ficción Producciones, Voz Audiovisual...